sábado, 11 de diciembre de 2010

Un é de onde nace (pois vai ser que non)

Hoxe quero falarvos dun refrán castelán. Di a xente de aquí, que "o boi é de onde pace, non de onde nace".

A verdade, é que nunca me paréi moito a reflexionar sobor disto, pero hoxe, despois de olla-lo fenómeno que aconteceu hai un par de fins de semán, quero falar disto, e os meus xiareiros hanme perdoar por escribir desta volta na lingua de Breogán.




Estaba eu tan ricamente, no San Froilán, festas de Lugo por antonomasia, cando, entre os top-manta, vendedores globales, multiraciales, e monicreques varios, cando oín o incofundible son dunha gaita.

Mira ti por onde, que marchamos cara a Praza Maior a olla-lo que alí se cocía. Había unha exibición que grupos folclóricos, que andaban, básicamente a toca-la gaita e mailo tambor.

Automáticamente, os meus dos cativos, se subiron a un cruceiro para poder ollar mellor. ¡Qué paradoxa! Un cruceiro. Queiramos que non, a min, se me fixo un nó no estómago. Non podo identificar moi ben porqué, pero o caso é que, de repente sobrevíu este post.

E o caso é que lle dou voltas e máis voltas e non remato de saber o que quero escribir, así que vou tentar de dici-lo o máis claro posible.

Un, non é de donde pace, a lo menos, en termos absolutos. Existe algo, e o que non o quera mirar, aló él/ela, que nos ten atados ó noso cerne, o noso meollo, onde se deixou unha parte importante da vida, que pasen os anos que pasen, sempre fica no fondiño fondiño do corazón.

Mira ti por onde, que esas pandeiradas de San Froilán terminaron de abranda-lo o suficiente para que hoxe, poda poñer -non sen certo esforzo, non me doe recoñecelo- una letra diante de outra para dcii

O conto é que ó son das gaitas conseguíu o que nada conseguira ese fin de semana, que é pouco más que facerme un nó na gorxa e faceme pensar neste post.

Ben, pode ser que sexa algo diso de ser super-galegos, ou do sentimento patriótico nacional ou eu qué sei. O conto é que, a lo menos, isto requería ser mentado.

Non podo deixar de arrespingarme ó escoitar o antigo himno de Galicia.

Ahí queda iso.

1 comentario: