martes, 30 de diciembre de 2014

Restaurante...ou taberna...Pajón.

Había ben tempo que non escribía na lingua do mestre Pondal. Así que, dado que o viño do Rosal axuda de vez, ímos aló.

Onte fomos a un restaurante taberna destas que se deixan chamar taberna a eles mesmos. É algo non sinxelo de explicar para a xente de fóra.

-- ¿Qué vai ser?

-- Viño

Non hai máis preguntas. Viño da colleita, nunha xarra de cerámica do país. Coma antes. Coma sempre.

Estrella Galicia, pan do país, pementos de Padrón, tortilla de baloucas e polbo. Que non falte o polbo. Xamón ben cativo, e postres moi caseiros pero que non daban cuadrado cunha taberna coma esta.

10 euros por santo varón, algún sorriso, pouco, coma celtas; nada máis na carta, cerne de Galicia en estado puro.

Inverno fora, humidade, parca decoración, fume e cousas correntes. Sociedade galega, afeita ó feísmo.

Mira tí, vaites. Gústacheme ben a cousa esta. Claro que para comer, Lugo. De íso ninguén duda unha miga. Estar no percentil 70 do tripadvisor, ten moito mérito, especialmente, dando o que dan, sendo onde é, e vindo de quén ven.

Imos ter que quita-la boina, logo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario